981 13 12 68
Lunes a Jueves
09:00 – 14:00 16:00 – 19:30
Viernes
09:00 – 15:00
Lunes a Jueves
09:00 – 14:00 16:00 – 19:30
Viernes
09:00 – 15:00
A nosa web está pensada para facilitarlle información acerca de qué é o seguro de vida, que cobre, a quen interesa e que se debe valorar á hora de contratar este tipo de seguros.
Así mesmo, detallaremos aquelas particularidades que afectan ao seguro de vida e incluso exporemos exemplos que lle permitirán ver casos reais de aplicación deste seguro.
Finalmente e se o desexa, tamén poderá calcular vostede mesmo o prezo do seu seguro de vida online a través do noso tarificador online.
Estamos convencidos de que esta páxina aclarará gran parte das súas dúbidas e inquedanzas respecto deste tipo de seguros, pero se aínda pensa que ten dúbidas, por que non contacta connosco? Chámenos e os nosos asesores atenderano sen ningún compromiso.
O seguro de vida online é un seguro polo que a compañía aseguradora garante o pago da indemnización contratada ao asegurado, ou ao beneficiario que este designe, cando o asegurado faleza por enfermidade ou accidente. Tamén se pode pactar o anticipo no pago da indemnización en caso de invalidez.
O seguro de vida é un contrato formalizado cunha compañía de seguros no que se estipula un capital e unha serie de coberturas (falecemento, invalidez, etc.) de forma que cando estas ocorren a compañía está obrigada a indemnizar ao asegurado ou a quen este designe co capital pactado.
A principal cobertura nun seguro de vida é a de falecemento por calquera causa(morte natural, enfermidade, accidente…) ademais soen incluírse de forma opcional outras coberturas que poden resultar interesantes:
O primeiro paso sería preguntarnos se deberiamos contratar un seguro de vida. Aínda que non existen regras concretas si se pode afirmar que resulta imprescindible para aquelas persoas con cargas familiares, é dicir, con ascendentes ou descendentes que poidan verse afectados economicamente polo falecemento do seu descendente ou proxenitor.
Para saber ata que punto necesitamos contratar este tipo de seguro simplemente debemos pensar en que lle ocorrería á nosa familia se nós faltásemos.
Unha vez tomada a decisión de contratar o seguro o segundo paso será determinar o capital a contratar, que non será outro que a indemnización que recibiremos nós ou os beneficiarios que temos designado na póliza. Facer un cálculo axustado pode resultar complexo xa que segundo os casos teremos que tomar en consideración a nosa idade, a esperanza de vida, o nivel de endebedamento, os ingresos que consideramos necesarios en caso de falecemento ou calquera outra circunstancia cuberta pola póliza.
Se temos 2 fillos de 5 e 7 anos e consideramos que deberían contar cuns ingresos anuais de 18.000 eur. ata que alcancen os 22 anos e que en caso de falecemento recibirían unha pensión de 10.000 eur. anuais o capital a contratar sería o seguinte:
Ingresos a cubrir polo seguro de vida: 8.000 eur. (18.000 – 10.000)
Nº de anos a cubrir: 17 (22 – 5)
Capital a contratar(*): 136.000 (8.000 x 17)
(*) O capital podería reducirse anualmente en función do nº de anos pendentes
Como xa temos anticipado, habemos de valorar tamén a existencia de débedas (préstamos, hipotecas, etc.) que deberán seguir pagándose tras o falecemento, o que suporá incrementar o capital contratado no monto das mesmas.
Á marxe de todas as particularidades posibles resulta recomendable contratar, como mínimo, un capital equivalente a cinco veces os ingresos netos anuais percibidos.
Finalmente, deberemos reflexionar sobre a ampliación do seguro mediante a incorporación de coberturas opcionais como a de invalidez (sobre todo no caso en que prevexamos dificultades de asistencia familiar), enfermidades graves, gran invalidez, etc.
Responsable do Ficheiro:
Coaga Consultores S.L. Calle María Puga Cerdido 11, 15009 A Cotuña
Finalidade:
Responder á solicitude de contacto plantexada.
Lexitimación:
Seu consentimento explícito á hora de enviar este formulario
Destinatarios:
Profesionais encargados do tratamento dos seus datos e os encargados de dar resposta ó seu contacto
Dereitos:
Os recollidos no RGPD
Máis información:
Resulta evidente que o seguro de vida é imprescindible para todas as persoas con familiares ao seu cargo, pero dado que é un seguro que non só cobre o falecemento (invalidez, enfermidades graves, etc.) resulta recomendable para todo tipo de persoas sendo, hoxe por hoxe, un dos seguros máis comúns.
Luís e María eran unha parella feliz e había catro anos mercaran un piso e asinado unha hipoteca. A Luís gustáballe correr en bicicleta e un día sufriu un atropelo e faleceu. Grazas ao seguro de vida que contratara, María puido cancelar a hipoteca.
Francisco faleceu de cáncer e a súa muller Mar e os seus dous fillos de 5 e 7 anos quedaron desolados. O seguro de vida que ambos contrataran permitiu que os seus dous fillos puidesen levar adiante os estudos universitarios que os seus pais soñaran.
Luz ía de ocupante no coche duns amigos cando tiveron un accidente. Desgraciadamente as lesións sufridas afectáronlle á medula e quedou sen mobilidade nas pernas. Grazas ao seu seguro de vida puido adaptar a súa vivenda ás novas circunstancias e asegurarse uns ingresos que lle permiten vivir con desafogo económico.
Como sabe, unha das finalidades ao contratar un seguro de vida pode ser a de garantir que en caso de falecemento os herdeiros poidan contar con recursos suficientes para o pago das débedas contraídas polo falecido (por exemplo un préstamo hipotecario).
Pero, teña en conta que este seguro non é obrigatorio e que o banco nunca o pode obrigar a contratar un seguro de vida vinculándoo a unha operación de préstamo, aínda que por desgraza esta é unha práctica bastante habitual e supón &ás veces pagar primas desproporcionadas e fóra de mercado por este tipo de seguro.
Isto é ilegal e está prohibido tanto pola lexislación española como comunitaria. Se, no seu momento, contratou un seguro desta forma saiba que pode cancelalo en calquera momento ou, se desexa mantelo, pode contratalo con calquera compañía ou mediador que desexe, o que con toda probabilidade lle suporá un aforro económico importante.
O beneficiario é aquel que foi desinado coma tal polo asegurado na póliza. Pode ser nomeado de forma expresa (con nome e apelidos) ou xenérica (fillos, cónxuxe, herdeiros, sobriños, etc.)
Cando foron desinados expresamente os benefiarios son eles os que recibirán a suma asegurada, independentemente do que poña o testamento. Esto quere decir que prevalece a desinación feita na póliza sobre calquer outro documento, o testamento non modifica o expresado na póliza, xa sexa anterior ou posterior a contratación da mesma.
Unha vez producido o falecemento, o beneficiario deberá liquidar o Imposto de Sucesións e Doazóns polo importe recibido.
Existe una reducción establecida pola normativa estatal específica para prestacións derivadas de contratos de seguros de vida cando o beneficiario sexa cónxuxe, ascendente ou descendente do contratante falecido. A cuantía estatal está limitada a 9.195,49 euros, pero este importe pode ser maior si a comunidade autónoma de residencia fiscal do falecido así o prevé.